TÍTULO “A Boa Vila desde o Camiño Xacobeo”

Sinopse:
“A Boa Vila desde o Camiño Xacobeo”“A Boa Vila desde o Camiño Xacobeo” é unha visita teatralizada polo Centro Histórico de Pontevedra organizada pola “Asociación Centro Comercial Urbano Zona Monumental” de Pontevedra.

Neste espectáculo combínase a información cultural coas representacións teatrais. Os/as visitantes son conducidos por varios personaxes a modo de guías pola parte antiga da vila e ao tempo que lles transmiten contidos sobre a súa historia ilustran as súas palabras coa evocación doutros personaxes vinculados ás prazas e rúas polas que pasan .

Deste xeito as persoas participantes poderán sentir e acompañar as cantigas do coro “Aires da Terra”, do boticario D. Perfecto Feijoo; oír os “piropos” do atrevido papagaio “Ravachol”; escoitar as cantigas de Paio Gomez Charino; o violín de Manuel Quiroga; as palabras de Bóveda e Castelao ou, ¿por que non?, os berros das vendedoras de ovos ou de verduras.

As visitas realízanse en horario nocturno desde as 22:00 ata as 23:30 aproximadamente para aproveitar os efectos artísticos da iluminación do Centro Histórico e darlle un aire de encanto e misterio ó percorrido.

Os datos da visita son:
Saída: Praza da Peregrina
Número máximo de persoas por visita: 50.
Nº de visitas: 10 (unha cada noite).
Días: 1, 7, 12, 14, 16, 21, 23, 26, 28 e 30 de agosto de 2008.
Horario: das 22.00 ás 23:30 aproximadamente.
Prezo: 3 euros (nenos/as menores de 6 anos, gratis)
Venda de entradas: comercio “A casa dos paraugas” na Praza de Méndez Núñez

Información: www.ccuzonamonumental.es

FICHA ARTÍSTICA
Guión e dirección: María Campos e Carlos Yus.

Elenco:
Guía: Tamara Campos
Maximino: Carlos Yus
Lolinda: María Campos
Turista: Martín Martínez
Bruxa, Nena, Moura, Vendedora: Beatriz Campos.
Músicos: Isidro García Pintos, José Luís Rodríguez, Miguel Tenorio.

Técnico de son: Santi Dopazo
Vestiario: Celsa Cabaleiro

Migallas Teatro Visitas teatralizadas pontevedra

Entrada   Historia da Compañía  Espectáculos   Axenda   Novidades   Cursos e talleres  
  Actuacións realizadas
Discografía   Prensa   migallas@migallas.com