
Título:
O LIBRO MÁXICO
Sinopse:
Rosiña é unha nena que ten que quedar soa na casa mentres
os pais van a unha reunión. Como ten algúns problemas
para rematar os deberes decide investigar nun baúl onde o pai
gardou moitas cousas para que non se manchasen coa pintura, pois está
pintando a casa. Alí atopa un libro vello e ponse a ler nel.
Tras as primeiras liñas empezan a pasar cousas estrañas
e Rosiña e os seus amigos, o público, mergúllanse
na aventura de piratas que está escrita no libro.
Máis tarde os rapaces e rapazas irán en procura da lámpada
marabillosa que esqueceu un xenio en Arabia; actuarán na pista
dun circo acompañados por un can pallaso e conducirán
unha nave espacial por galaxias descoñecidas.
O argumento desta peza teatral convida os rapaces e rapazas a vivir
grandes aventuras lendo nos libros. Ademais trátanse temas como
a discriminación; o exceso de autoridade; as relacións
entre pais e fillos; o compañeirismo; a importancia da imaxinación,
etc.
Idioma: galego
Público preferente: Infantil e familiar.
Xénero: Comedia.
FICHA
ARTÍSTICA
Guión e dirección: MARÍA CAMPOS e CARLOS YUS.
Elenco:
Pai, pirata e can: CARLOS YUS
Rosiña: MARÍA CAMPOS
Música: canción orixinal de MARÍA CAMPOS e CARLOS
YUS.
Escenografía: MARÍA CAMPOS
Técnicas de luz e son: ANA OUTÓN e ISABEL ESPERÓN
Vestiario: CELSA CABALEIRO
Fotografía: MARI PRINT
FICHA
TÉCNICA
Duración: 1 hora e 10 minutos.
Tempo de montaxe: 2 horas e 30 minutos.
Tempo de desmontaxe: 1 hora
Medidas do escenario: Ancho : 6 m.
Altura ata o teito : 3,5 m.
Fondo : 3 m.
Potencia eléctrica : 8.000 W.
|