A compañía pontevedresa Migallas Teatro foi constituída como compañía profesional no ano 1996 aínda que como grupo afeccionado a súa creación data de 1992.

Os nosos espectáculos teñen un carácter humorístico e están baseados na visión irónica da realidade máis próxima. Con isto pretendemos facer un teatro comprensible, crítico e divertido sen descoidar, como é obvio, a interpretación e a posta en escena.

Migallas Teatro ten na actualidade espectáculos para público familiar e espectáculos para público adulto. Algunhas das súas personaxes transcenderon do ámbito teatral a outros medios como é o caso da popular Sra. de Palmírez do programa Luar da TVG.

Dende o ano 1996 temos realizado unha media de 70 representacións por ano o que suma unhas 500 actuacións como compañía profesional.

Ademais da montaxe de espectáculos teatrais e de contacontos realizamos talleres de expresión dramática a través de concellos, asociacións e colexios. Na cidade de Pontevedra coordinamos desde hai máis de 6 anos os obradoiros de expresión dramática dirixidos a rapaces e rapazas de entre 4 e 14 anos que desenvolve o Concello.

Por outra banda, nos anos 2002 e 2003 Migallas Teatro creou e escenificou o espectáculo da Cerimonia de Apertura da Feira Franca de Pontevedra e no ano 2004, o espectáculo ó aire libre Os Irmandiños no que participaron 40 persoas. 



Entrada   Historia da Compañía  Espectáculos   Axenda   Novidades   Cursos e talleres  
  Actuacións realizadas
Discografía   Prensa   migallas@migallas.com