Título: “¿E se o cantamos?”

Sinopse:
¿E se o cantamos? é unha peza na liña de “¡Canta connosco!” onde se combinan cancións con escenas breves para tratar temas como os xogos colectivos e tradicionais fronte ós videoxogos e ós xoguetes electrónicos; a importancia das relacións entre avós e netos; a violencia e a publicidade na televisión; xoguetes bélicos e sexistas; a problemática do galego e o castelán (pais e nais que falan en galego entre eles e en castelán cos fillos); a importancia da música e do baile; etc.

Os temas do disco que se interpretan neste espectáculo son: "O rock da ducha", "O eucalipto e o carballo", "O rap da lingua", "Os xogos" e "Perico Pérez".

Idioma: galego
Público preferente: Infantil e familiar.
Xénero: Comedia e canción infantil.


FICHA ARTÍSTICA

Guión e dirección: MARÍA CAMPOS e CARLOS YUS.

Elenco:
Antón : CARLOS YUS.
Rosiña e Cachirula: MARÍA CAMPOS.

Música: cancións orixinais de MARÍA CAMPOS e CARLOS YUS.
Escenografía: MARÍA CAMPOS
Técnicas de luz e son: ANA OUTÓN e ISABEL ESPERÓN
Vestiario: CELSA CABALEIRO
Fotografía: MARI PRINT

FICHA TÉCNICA
Duración: 1 hora.
Tempo de montaxe: 2 horas e 30 minutos.
Tempo de desmontaxe: 1 hora
Medidas do escenario: Ancho : 6 m.
Altura ata o teito : 3,5 m.
Fondo : 3 m.
Potencia eléctrica : 8.000 W.