|
Á
PROCURA DO TESOURO 2007 - 2008
4 Talleres de Expresión
Dramática, Plástica e Musical
a cargo de Migallas Teatro.
 |
Pulsa
na foto para ver o álbum completo da saída |
ORGANIZACIÓN
Estas actividades están promovidas
por noveno ano consecutivo pola Concellería de Cultura
do Concello de Pontevedra.
Os obradoiros serán impartidos
por monitores/as da compañía teatral Migallas Teatro coa
coordinación de María Campos e Carlos Yus.
PARTICIPANTES
 |
|
Pulsa
na foto para ver o álbum completo dos talleres |
O número total de participantes
é de 110 distribuídos por idades e días en 4 talleres.
OBXECTIVOS
- Descubrir e fomentar os recursos
expresivos e comunicativos dos/as rapaces e rapazas.
- Estimular a fantasía,
desenvolver a imaxinación e as capacidades creativas.
- Prepararalos para o xogo dramático
espontáneo e libre, vencendo a vergonza e a timidez e motivando
o traballo en equipo, cooperativo e solidario.
- Aprendizaxe activa e goce do
noso folclore infantil poético (cancións, ditos, etc)
e dos xogos tradicionais galegos .
- Coñecemento da nosa vila
e da natureza que nos rodea (animais,
plantas).
- Concienciación sobre
o coidado do contorno urbano e natural.
- Fomentar o hábito da lectura
como goce, en especial de libros en
galego.
- Familiarizar os/as nenos/as coa
escoita de contos e a súa
participación nas sesións de contacontos.
- Favorecer a fluidez na expresión
oral e escrita en galego.
- Fomentar a non discriminación
por razón de xénero.
DURACIÓN
Cada taller consta de 22 sesións
dunha hora e media distribuídas ó longo de 6 meses a razón
dunha sesión semanal dende outubro ou novembro de 2007 ata abril
de 2008.
LUGAR DE REALIZACIÓN
Pazo
da Cultura
de Pontevedra.
DISTRIBUCIÓN
POR DÍAS E IDADES
Taller 1: de 8 a 12 anos
luns de 18,30 a 20,00 h.
Número de participantes: 20
Comezo: luns 15 de outubro.
Taller 2: de 8 a 12 anos
martes de 18,30 a 20,00 h.
Número máximo de participantes: 20
Comezo: martes 16 de outubro.
Taller 3: de 4 a 7 anos
mércores de 18,00 a 19,30 h.
Número máximo de participantes: 35
Comezo: mércores 17 de outubro.
Taller
4: de 4 a 7 anos
xoves de 18,00 a 19,30 h.
Número máximo de participantes: 35
Comezo: xoves 18 de outubro.

CONTIDOS:
Obradoiros de 4 a 7 anos
Os 70 rapaces e rapazas de 4 a 7 anos participantes nos talleres 3 e 4 veranse metidos nunha nova aventura na que irán da man dos avós que lles contarán segredos e historias; aprenderanlles xogos e axudaranlles a superar as probas que lles poña o Pirata Escarapote para poder atopar o seu tesouro.
Durante as 22 sesións os/as nenos/as desenvolverán as súas capacidades creativas mediante o xogo combinando actividades de expresión plástica, dramática e musical.
Así pois, escoitarán,
crearán e representarán contos; farán manualidades
relacionadas con elementos da natureza; aprenderán xogos e cancións
tradicionais e actuais; participarán en xogos de pistas polo
Salón do Libro; asistirán a funcións de títeres;
etc.
Para rematar os obradoiros no mes
de abril farán unha "expedición" nos seus barcos
polo Centro Histórico de Pontevedra.
Obradoiros de 8 a 12 anos
Combinaranse
as actividades de expresión dramática coa creación,
ensaio e posta en escena dunha peza teatral.
Os talleres rematarán con representacións teatrais que
terán lugar no Teatro Principal de Pontevedra no mes de abril
dentro do programa Abril dos Libros 2008.
Nestas pezas, que acostuman ser de creación colectiva, abórdanse
temas próximos ós rapaces e rapazas.
INSCRICIÓN
Preinscrición: por orde de chamada desde o 5 de outubro ata
cubrir todas as prazas no Pazo da Cultura, de 10,00 a 14,00 h. Teléfonos:
986 833061
Cota
de inscrición: Dúas cotas de 15 €:
1ª Cota 11 sesións de outubro a xaneiro, pagarase o día
de comezo
da actividade.
2ª Cota 11 sesións de xaneiro a abril, pagarase no mes
de febreiro
Formalización da inscrición: Co pago da 1ª cota de participación o día do comezo
e no mesmo lugar da actividade.
Notas:
- No caso de cubrirse todas as
prazas nalgún grupo haberá lista de espera.
- De non facerse o pagamento da
cota no 1º ou 2º día de actividade perderase a praza,
que quedará á disposición do/a seguinte na lista
de espera.
Para máis información:
Migallas Teatro.
986.864.757 / 630.872.668
migallas@migallas.com
Pulsa en calquera foto para velas todas,
ou aquí
|