Título: "CONTOS NAS ORELLAS"

Sinopse:
Contos de risa, trasnos e carapuchiñas. A tradición oral da man da literatura infantil. Co ritmo das ondas no noso maxín, entraremos no mundo da fantasía e da imaxinación...

“Contos nas orellas” engloba cinco sesións diferentes para escoller, cada unha delas arredor dun tema:  a diversidade, o Nadal, a risa, a tradición oral e os primeiros contos para bebés.  Ditos, cancións e pequenos xogos tradicionais salpican todas as sesións, que teñen como finalidade o gozo da literatura por parte dos pequenos/as.
Idioma: galego
Público preferente: Infantil e familiar.
Xénero: narración de contos.

FICHA ARTÍSTICA
Guión e dirección:
BEA CAMPOS
Elenco:
Contadora: BEA CAMPOS

FICHA TÉCNICA
Duración: Entre ¾ de hora e 1 hora.
Medidas do espazo: Ancho : 4 m.
Altura ata o teito : 2,5 m.
Fondo : 2 m. Observacións:
- Límite de espectadores: 50
- Proximidade do público para poder ver os contos

Título: "CONTACONTOS MARÍA DOS CONTOS "

Sinopse:
Os contos tradicionais ou de creación de María dos Contos tratan cuestións moi próximas ós/ás nenos/as e teñen como finalidade, ademais de entreter e divertir, presentar posibles solucións a algúns conflitos propios das idades dos/as cativos/as como poden ser:
- o medo á escuridade - o afán de posuír xoguetes
- o escaso tempo dedicado polos pais - os complexos
- o respecto ós vellos - o sexismo nos xoguetes
- o respecto á diferencia. - o abuso da T.V.
- as mascotas - os celos, etc...

Tamén hai contos de carácter enumerativo e outros que perseguen simplemente demostrar que os contos poden ser os xoguetes máis divertidos.


Idioma: galego
Público preferente: Infantil e familiar.
Xénero: narración de contos.

FICHA ARTÍSTICA

Guión e dirección:
MARÍA CAMPOS e CARLOS YUS.

Elenco:
María dos Contos: MARÍA CAMPOS.


FICHA TÉCNICA
Duración: Entre ¾ de hora e 1 hora.
Medidas do espazo: Ancho : 4 m.
Altura ata o teito : 2,5 m.
Fondo : 2 m.

Observacións:
- límite de espectadores: 60
- proximidade do público para poder ver os contos.