TÍTULO
O carballiño enfermo
Sinopse:
“O carballiño enfermo” é un espectáculo no que se combina o teatro de actor co de títeres grandes de mesa. A través dunha historia divertida trátanse cuestións como a inmigración, as semellanzas e as diferenzas entre os pobos e a necesidade de coñecerse, respectarse e cooperar uns cos outros para conseguir resolver os problemas ambientais e sociais comúns. Tamén se aborda a importancia das persoas maiores como fonte de sabedoría fronte á uniformidade cultural da sociedade de consumo.
Idioma: galego
Público preferente: Infantil e familiar.
Xénero: Comedia
FICHA ARTÍSTICA
Guión e dirección:
MARÍA CAMPOS e CARLOS YUS
Elenco:
Antón,Menciñeiro, Africano, Home, e Arxentino: CARLOS YUS
Rosiña, Xitana, Avoa e Neto: MARÍA CAMPOS
Escenografía:
MARÍA CAMPOS
Técnicas de luz e son: ALBA TAMARA
Vestiario: CELSA CABALEIRO
Títeres: MIGALLAS TEATRO
Atrezo: MIGALLAS TEATRO
FICHA TÉCNICA
Duración: 1
hora.
Tempo de montaxe: 2 horas
Tempo de desmontaxe: 1 hora
Medidas do escenario:
Ancho: 6 m.
Altura ata o teito: 3.5 m
Fondo: 5 m.
Potencia eléctrica: 10.000 W.
|