O RAP DA LINGUA

Que falemos en galego
é unha cousa natural,
coma a chuvia no inverno
e a calor no verán.

¡En galego!¡Xa!¡Si! (Bis)

Inda hai pais que non lles falan
ós seus fillos en galego
porque pensan que é unha lingua
para pobres e "paletos".

Ós teus pais animarás
a falarche en galego,
que non che van saír grans
nin tampouco cae o pelo.

Hai rapaces e rapazas
que ó ir ó instituto
non queren falar galego
porque din que é montuno.

Mais se alguén che fai tilín
e o queres namorar
faille as beiras en galego,
¡de seguro ligarás!

Hai rapaces e rapazas
que queren falar galego
pero aínda non o falan
porque din que teñen erros.

Anque o fales todo o día
non che pode sentar mal.
Nin dá mocos, nin dá febre.
¡Fai a proba e xa verás!

Falemos a nosa lingua
que é unha lingua moi moderna,
nas escolas e nas casas
nas cidades e aldeas.

¡En galego!¡Xa!¡Si!



Pulsa AQUÍ para escoitar
un fragmento da canción

 


Entrada   Historia da Compañía   Espectáculos   Axenda   Novidades   Actuacións realizadas Cursos e talleres   Discografía   Prensa   migallas@migallas.com