O
LIBRO MÁXICO
Cando esteas aburrido
e non saibas qué facer
colle un libro, meu amigo.
todo pode suceder
Imaxínate
voando nunha alfombra
Imaxínate cruzando o ancho mar
Imaxínate cun can saltando á corda
Imaxínate nunha nave espacial
Poderás ser
un pirata
moi valente e moi rufián
pelexar con alimañas
e un tesouro atopar. (Bis)
Poderás ir
ata Arabia
nunha alfombra a voar,
acompañado dun xenio
saudar a Alí-Babá. (Bis)
Poderás ser
un pallaso
e disfrazar o teu can,
facer rir a todo o mundo
como fai o can Papán (Bis)
Poderás ir
nunha nave
polo espacio sideral,
descubrir unha galaxia
e cun marciano xogar. (Bis)