Casas á venda Concello de Cerdedo 986753006

O Concello
Benvida
Como chegar
Mapa e rueiro
Cerdedo
Parroquias
O tempo

Administración
Información e servicios
Descarga de Modelos e trámites
Bandos, ordenanzas e regulamentos
Obras e Investimento
Punto limpo - Información

Direccións e teléfonos


Oferta turística
Onde comer
Onde dormir
Festas e Actividades
Parapente
Sendeirismo
Pesca


Imágenes
Monumentos
Lugares de interese

 

 
Id.

Situación

Dirección

Precio

Eira

Hórreo

1
Covas (Folgoso)
Aldea nº 44
A convenir
Sí. Tiene dos eiras.
Sí. En bastante buen estado.
7
O Barral (Figueroa)
Figueroa nº 35
A convenir
Tres: 30 m2, 50 m2 y otra más pequeña
10
Esbarrela (Folgoso)
Quinta (Carmen Espiña Gamallo)
A convenir
Sí.Terreno grande.
Sí.
Ver + 012 Tres Aldeas Tres Aldeas 44 A convenir Si No
Ver + 013 Lourido Lourido 18 98.000 € (negociables) Varias, en total suman 2.500 m2 Sí.
Ver + 014 Folgoso Outeiro 17 A convenir Si - - -
Ver + 088 Cerdedo Chamadoira,13 A convenir Si Si
Ver + 062 Cerdedo Cabenca, 14 A convenir Si - - -
Ver + 091 Pedre - - - - - - - - - - - -
Ver + 102 Figueroa Figueroa 54000€ Si - - -


Turismo Cerdedo


DESCRIPCIÓN
O Concello de Cerdedo atópase nun lugar privilexiado da Provincia de Pontevedra, enmarcado dentro da comarca Tabeirós –Terra de Montes. Atravesado pola estrada Nacional 541 (Ourense-Pontevedra), a 28 km da Capital (uns vinte minutos en coche), a 60 km de Ourense e 50 km de Santiago o que facilita unha boa comunicación coas mellores praias das Rias Baixas e as cidades monumentais de Galicia.

Este Municipio ofrece ós seus habitantes e a todos aqueles que o visitan unha natureza que sorprende, unha arquitectura histórica, uns paraxes únicos e unha rica gastronomía.

Neste paraíso non hai cabida ás presas, ós apuros, ós reloxos, ás tecnoloxías que marcan e dirixen as nosas vidas. O tempo ven marcado polo día e a noite, polas estacións, polas colleitas...
É o lugar idóneo para o relax, o desestrés, o descanso, o lecer... onde o home se atopa coa natureza e fai dela o seu fogar

GASTRONOMÍA
Gastronomicamente, gracias a boa materia prima que hai, pódese decir que a cociña que se fai é rica, saudable e co sabor de antes. Destaca sobremaneira a gran calidade das carnes xa que as tenreiras criadas de forma natural nos nosos montes, sen piensos nin aditivos químicos, convencen os paladares máis exixentes. Tamén chaman a atención tres pratos únicos: o cocido con productos da nosa terra, a galiña ó sal e a vincha. Este último é un doce que se fai no entroido e que ten a súa festa gastronómica particular, no que se premia a veciña ou veciño que mellor prepare este delicioso postre.

PATRIMONIO
Para todos aqueles amantes do arte Cerdedo da testimonio da importancia histórica que tivo e da TERRA DE CANTEIROS que foi. O Concello está salpicado por tódalas suas parroquias de conxuntos arquitectónicos de grande interés e valor artístico. O rómanico toma un gran protagonismo poidéndose apreciar a evolución do mesmo comparando diferentes igrexias.
A Calzada romana ponte de San Antón (Cerdedo), Eirado de Pedre, Filgueira e a Pena, Praza de San Fernado, Igrexia de San Xoan de Cerdedo, Igrexia de Santo Tomé de Quireza e a súa Casa Rectoral, a Igrexia romana de Tomonde.. son só unhas pequenas mostras de todo o que se pode atopar. Numerosos cruceiros, capelas, pontes, igrexias, muiños, ... todo espallado polos cincuenta e dous lugares agrupados en oito parroquias (Castro, Cerdedo, Figueroa, Folgoso, Parada, Pedre, Quireza e Tomonde) que forman este Concello.
Como arquitectura tradicioinal Cerdedo conta con tres Eirados de Canastros, aínda en uso, dunha beleza espectacular sitos nas parroquias de Castro, Cerdedo e Pedre.


ALOXAMENTO
Como non podía ser menos neste marco natural incomparable, Cerdedo dispón polo de agora de dúas casas rurais con todos os servicios e comodidades. Estas casas son o refuxio ideal para pasar uns días e desconectar da presas diarias. Sen contaminación acústica nen ambiental e rodeados duns paisaxes que só invitan ó lecer. Máis información na sección "aloxamentos"


 
 

Copyright © 2002-2006, Concello de Cerdedo. Reservados todos os dereitos.
Praza do Concello, 1
36130 Cerdedo - Pontevedra
Tel: 986 753 006 Fax: 986 753 201
http://www.cerdedo.org

 
Volver a PORTADA Cambiar a Idioma español Enviar correo electrónico al Concello Novedades, actividades, fiestas, etc