A
parroquia de Quireza consta dos seguintes lugares:Cuiña, Fondós,
Laxoso, Mamoalba,Os castros, Outeiro,Piñeiro, Tres Aldeas e Vilarchán.
O río Quireza e os montes Couto (766 m) e Caveiro (768 m) son
os seus principais accidentes xeográficos.
Os
Castros, principal núcleo de poboación, está situado nun pequeño
val rodeado de terras de labor, e constitúe un conxunto de interese
cunha arquitectura popular ben conservada.
Según
José Sanmartín Sobrino, na súa obra "Un País llamado La Estrada"
o vocablo Quireza provén do Latín "quiritis/quiritum",
que quere dicir cidadán romano.
No
lugar dos Castros atopamos restos dun Castro, posiblemente
Galaico-Romano, superficie plana elevada sobre un terraplén que
facía de defensa dende o que se divisa a Parroquia de Quireza
en case toda a súa totalidad. É esta unha terra de canteiros que
andiveron traballando por toda a súa xeografía, deixando a súa
formidable pegada.
Por
ser terra rica en solos graníticos, na comarca hai todo un tesouro
de pequenos monumentos anónimos. Non era esta terra de fartura,
por iso non abondan grandes pazos e casas señoriais, pero sendo
terra de bos canteiros non podía menos que haber bos templos
como a formidable Igrexa Parroquial
de Santo Tomé de Quireza. Rematouse a principios do século XIX.
Nesta construcción podemos atopar a mixtura dos estilos Barroco
e Neoclásico. A construcción ten planta de cruz latina e bóveda
de crucería, e no altar maior hai un impresionante retablo barroco
feito en madeira policromada con predominio do dourado que data
do ano 1679. A casa rectoral, situada ó pé da igrexa, é un orixinal
exemplo da arquitectura popular, con oito columnas de cantería
perfectamente labradas sostendo unha balconada tamén de pedra.
Na explanada da igrexa atópase un fermoso cruceiro chamado Cruceiro
das Procesións, digno de ver pola súa complexidade e beleza.
O
seguinte lugar que atopamos é Fondós . Según Xosé Sanmartín
Sobrino o significado do topónimo quere dicir "terreo adicado
a hortalizas e legumes".No núcleo da aldea, nunha pequena
eira está situada a capela en honor a San Xosé. A construcción
é de estilo barroco da segunda metade do XVIII. No seu interior
consérvanse as imaxes realizadas polo escultor, natural de Abelaíndo
e veciño de Fondós, Francisco Solla García, inspirado no modelo
da súa filla Amada para face-la imaxe do Neno Xesús. Tamén é destacable
ó antigo campo da feira convertido agora nunha fermosa carballeira,
a Arrotea.
Outro
fermosísimo lugar de Quireza é Tres Aldeas , chamado así
por estar tres lugares concentrados formando unha soa aldea, composta
por Xesteira, Sieiros e Quinteiro.
O
lugar de Piñeiro caracterízase polas súas rúas estreitas
e a concentración das vivendas. Está rodeado por terras de labor,
hortas e froiteiros. O entorno garda a estructura popular aínda
que predominan as construccións novas.
O lugar de Laxoso como o seu propio nome indica é abundante
en laxas de pedra; a poucos centímetros da superficie atópanse
estructuras graníticas e según contan os seus veciños faise difícil
o traballo nas veigas, ata o punto de que antigamente subíase
a terra en carros para os terreos de cultivo.
A
aldea de Vilarchán está situada nun alto, ,dominando o
val de Bugarín , constitúe un fermoso lugar. O topónimo ven de
lugar chan, dádo pola súa peculiar morfoloxía. A maioría das
súas casas son construccións antigas, como constata unha delas,
cunha inscripción na porta de 1868.
Continuando
ó camiño de Vilarchán chegamos a un pequeno lugar composto por
só catro casas: Mamoalba chamado así pola existencia de
varias mámoas, posiblemente de cor crara, desaparecidas hoxe en
día.
E
xa, por último, Cuíña, lugar que por estar situado moi
alto, ten unha estructura singular, estando as casas distribuídas
en costa. Dende Cuíña divisanse fermosas vistas panorámicas,
e toda a aldea está rodeada de hortas e froiteiros.