INFORMACIÓN:
Tel. 609 801 461 ou na páxina web www.vuelaenparapente.es
Bautismo
do vo en bipraza
Un
vo en parapente bipraza, cun piloto titulado, é a mellor forma
para iniciarse neste deporte fascinante.
En contra do que pensa moita xente, o parapente non é un
deporte que produza sensacións fortes.
No despegue, unha vez inflada
a nosa vela, corremos e... xa estamos no aire.
Suavemente ímonos
afastando da ladeira.O vo é tranquilo e podemos disfrutar da paisaxe.
Ó final acercámonos á aterraxe, descendemos uns pasos e voltamos
á terra.
Voaron
con nós xa centos de persoas, cada un deles sentiuno dunha maneira
diferente, pero a casi todos gustoulles.
Os biplazas vóanse durante todo o ano sempre e cando as condicións
meteorolóxicas o permitan.
Curso
de Acercamento
Se
realmente queres aprender a voar, este curso é o mellor comenzo.
Os cursos de acercamento introdúcente no mundo deportivo do parapente.
Neles vas a vivi-la sensación dun vo bipraza cun piloto titulado,
vas a aprender por qué voa un parapente, a meteoroloxía básica
para un vo, os primeiros pasos para un despegue, (colocarse o
arnés, preparar o parapente, erguelo...) para rematar cun vo dun
ou dous metros sobre o chan, pilotando ti.
A duración destes cursos é de un a dous días dependendo do número
de participantes (mínimo 4). Impórtanse de marzo a setembro cada
primeiro fin de semana do mes ou segundo acordo.
Curso
de iniciación
Para
aprender
a voar. o máis importante é contar cunha escola coa experiencia
que che da a seguridade dunha boa ensinanza.
En Cerdedo levamos
xa 5 anos ensinando e moitos dos parapentistas que hoxe en día
voan en Galicia foron alumnos nosos.
Nos cursos de iniciacións seguimos o plan de estudios da Real
Federación Aeronáutica de España.
Impórtase clases prácticas:
de inflado de parapente, 5 a 10 vos de 10 a 50 m de altura e 5
a 8 vos de altura de 10 a 50 m. aprox. e teóricas de: meteoroloxía,
aerodinámica, pilotase. tráfico do vo, seguridade, materiais.
Ao finalizar o curso os participantes están capacitados para pilotar
un parapente.
Os cursos impártense os fins de semana Sábado y Domingo, mañás
e tardes. Nos meses de verán tamén durante a semana tódolos días
pola tarde. A duración é aproximadamente de 8 a 10 días, os días
de choiva e de vento moi forte, que imposibiliten a práctica do
parapente, aplázaranse as clases a outro día.
Curso de Perfeccionamento
Como
tódolos deportes a práctica do vo necesita un entrenamento e unha
ensinanza constante. O curso de perfeccionamento está orientado
a pilotos que xa saben voar e queren mellorar a súa seguridade
e o seu rendimento do vo.
Tamén é necesario para obter o título
de piloto de parapente. É aconsellable que os participantes
teñan de 50 a 100 vos e o seu propio equipo de vo (parapente,
silla, casco, paracaídas, etc.)
Neste curso tratamos con todo
detalle as posibles emerxencias en vo e como podemos evitalos
o reaccionar en cada situación.
Neste campo práctico analizamos os vos de cada alumno para correxir
os pequenos fallos. Despois entrenamos, dirixido por radio, movimentos
no eixo vertical e traversal, orellas, unha pequena plegada e
o descendo rápido coas bandas "B".
Pa mellorar o rendimiento analizamos as distintas formas de ascendencias,
a sensación que nos producen no vo e como podemos aproveitalas
mellor. Entrenamos distintas formas de xiro según as condicións
do día. E unha ve alcanzada a máxima altura é o momento de decidir
ata onde podemos chegar.