Imagenes de cerdedo
Parroquia de Folgoso Concello de Cerdedo 986753006
O Concello Benvida Como chegar Mapa e rueiro Cerdedo Parroquias  O tempo Administracion Descarga de Modelos e tramites Bandos, ordenanzas e regulamentos Obras e Investimento Punto limpo - Informacion Oferta turistica Onde dormir - Onde comer Festas e Actividades Parapente Sendeirismo Imagenes Lugares de interese Viviendas a venda
A  parroquia de Santa María de Folgoso está formada polos lugares de Cachofes, Casal, Covas, Esbarrela, Outeiro, Quinta e Vilariño. A orixe do nome de Folgoso e "filicosus" (lugar poboado por fentos). Destaca principalmente polo seu folclore xa que houbo, e aínda hai, pandereteiras que cantaban coplas, e tamén un famoso acordeonista no lugar de Covas chamado Enrique Castro.

En  arqueoloxía sobresaen dous grandes penedos na beira do río Lérez que rodaron dende o alto e que teñen inscripcións rupestres e tamén o Castro de tempos protohistóricos no lugar de Vilariño.

Interesante é tamén o portón da casa dos Taboada, coa figura de Santa Bárbara e dous Gardas Civís, obra dos Ramos, de Pontevedra.

Folgoso ten moita riqueza natural e paisaxística, grandes carballeiras cheas de vexetación e castiñeiros, abeleiras, salgueiros, bidueiros e outras moitas castas de árbores formando un fermoso conxunto de variadas cores.

O monumento máis destacable desta parroquia é a Igrexa parroquial que se levanta sobre o primitivo templo románico fundado por Carboeiro. Tamén hai dous cruceiros, un no campo das procesións, tallado con grande expresividade polo mestre José Benito de Castro, e outro situado na banda esquerda da estrada xeral de Pontevedra a Ourense coa imaxe de San Antón.

É singular o lugar de Esbarrela situado na parte sur da parroquia a carón do río nun terreo moi inclinado. Ainda que hoxe está case despoboado, destaca pola súa riqueza natural e paisaxística.

Copyright © 2002-2006, Concello de Cerdedo. Reservados todos os dereitos.
Praza do Concello, 1
36130 Cerdedo - Pontevedra
Tel: 986 753 006 Fax: 986 753 201
http://www.cerdedo.org

Volver a PORTADA