A
Parroquia de San Martiño de Figueroa, componse dos seguintes
lugares: Deán, Figueroa, Loureiro, San Martiño, e Vilar.
O
topónimo Figueroa (ficariola) fai referencia á figueira, árbore
froiteira moi común nesta zona. Esta parroquia foi terra de
canteiros e bos artesáns, sendo moi común que en cada casa se
fixesen os seus propios cestos e zocos. A pequena aldea de Figueroa
foi concello no ano 1812, a súa igrexa foi trasladada a San
Martiño pero aínda conserva unha das arcadas da antiga situación,
formando parte agora dunha casa particular.
Conta
cunha pequena capela adicada a Santa Lucía, situada centricamente
entre os lugares que conforman a parroquia. Como fillos ilustres
nados na aldea están os irmáns Manuel e Francisco Figueroa, que
construiron a principios de século a igrexa de San Pedro de Muro,
Gregorio Lis, mestre de arquitectura autor do templo de Santiago
de Arcos e o mestre de cantería Pedro Simal. Foron moitos os
artesáns do lugar, sobre todo os canteiros, aínda que eran
comúns as tecedeiras e os cesteiros, algúns deles ainda viven
pero xa non exercen.
Deán
e outra aldea que está situada na estrada local que vai a Castro
e Quireza. Dende os primeiros anos do presente século existíu
no lugar a federación de agricultores do mesmo nome, así como
a do traballo de Figueroa. No lugar de Deán hai un peto de ánimas
adicado a Virxe do Rosario e a San Antón.
Actualmente
viven alí 71 habitantes adicados na súa maior parte á agricultura
e á gandeiría. Contan as xentes do lugar que antigamente rondaban
por estas terras moitos lobos, e por esto organizábanse
moitas batidas. Facendo un foso no monte, a xente rodeaba ós animais
ata que caían nel. En Vilar tamén hai outro Peto de Ánimas, este
adicado á Virxe de Fátima.