|
O Concello
Benvida
Como chegar
Mapa e rueiro
Cerdedo
Parroquias
O tempo
Administracion
Descarga de Modelos e tramites
Bandos, ordenanzas e regulamentos
Obras e Investimento
Punto limpo - Informacion
Oferta turistica
Onde dormir - Onde comer
Festas e Actividades
Parapente
Sendeirismo
Imagenes
Lugares de interese
Viviendas a venda
|
|
A
parroquia de San Xoán Bautista de Cerdedo ten unha poboación de
935 habitantes, repartidos nas entidades de Abelaíndo, Arén, Barro,
Cabenca, Carballás, Cavadosa, Cerdedo, Cernados, Chamadoira, O Coteliño,
Limeres, Lourido, Meilide, Revolta, San Bernabé e Viduído.
Bañan
á parroquia o río Lérez e os seus afluentes, que con augas
cristalinas permiten a localización do rápido viaxar das súas abundantes
troitas, dispoñendo para os aficionados á pesca dos cotos de pesca
de Cerdedo nos ríos Lérez e Castro.
Cerdedo,
integrado na comarca de Terra de Montes, formaba parte no século
VI da Diócese de Iria. En 1115, dona Urraca otorgou a Xelmírez o
señorío absoluto destas terras que formaban parte do actual municipio.
Desta terra xurdiron os primeiros caudillos populares na loita contra
os franceses, pagando por iso co incendio do templo de Castro e
o arraso da parroquia de Quireza.
No
patrimonio artístico é destacable a igrexa parroquial de San
Xoán Bautista, que se atopa no centro do pobo xunto coa praza
de Don Fernando García Leiro. A igrexa comezouse a construír o
1 de abril de 1779 e remataríase dous anos despois. Trátase dunha
igrexa de estilo Neoclásico, bóvedas de arista, fermosa cúpula e
fachada barroca, gardando no seu interior imaxes de impresionante
realismo como a chamada Ecce-homo de Gambino e outros pasos de Semana
Santa de Antón Ferreiro. Esta construcción costou 75.000 reais de
vellón.
Destácase a magnífica imaxe do patrón San Xoán Bautista, feita en
pedra de máis de medio metro de altura, obra exclusiva do mestre
de arquitectura e escultura Xosé Nieto, un dos máis grandes da
Terra de Montes, nacido en Cerdedo en 1730. No mesmo conxunto arquitectónico
atopamos a Rectoral, de estilo barroco do século XVIII. Na orixe,
a casa comunicaba coa igrexa por medio dun corredizo, actualmente
inexistente aínda que quedan vestixios do mesmo tanto na capela
maior como na rectoral.
No
acceso á praza de Don Fernando García Leiro atopámo-lo barrio de
Torrente, que aínda conserva unha calzada medieval empedrada que
conduce á Ponte de San Antón.
O
conxunto de San Antón consta dunha ponte románica do século
XIII duns 31 metros de lonxitude, con esquema triangular e arcos
de medio punto. Cruzando a ponte, accedemos á capela do mesmo nome,
do século XVI.
A
porta é de arco adintelado, enriba unha peana co santo, espadaña
central dun vano no remate; no interior vese unha bóveda de cañón
dun só tramo.
Diante da capela sitúase un cruceiro que ten uns 6 metros de alto
e no pedestal, pola parte de diante ten un peto de ánimas e unha
iscripción na que só se dá lido "...ofrecieron esta ...".
Atópase en bó estado de conservación.
Dentro
do patrimonio cultural destacamo-los numerosos muíños que
se atopan nun treito do río Lérez. Esta zona, chamada polos veciños
"os muíños", está situada ó final dun camiño estreito
que está na man dereita da Ponte Valoutas.
Neste
lugar hai sete muíños dos que destacan o Muíño de Rosendo, antigo
aserradeiro, o Muíno dos Netos, aínda en funcionamento e o Muíño
dos Santeses.
Tamén
destacamos dúas eiras, a máis singular delas é a Eira
da Pena situada na outra aldea. Trátase dunha concentración
de canastros onde antigamente a xente mallaba o centeo. No barrio
das Longas atópase a segunda eira, chamada Eira dos Netos, actualmente
moi descoidada.
Fai uns corenta anos en Cerdedo celebrábanse numerosas festas,
e se ben hoxe algunhas se perderon outras estanse a recuperar, como
a festa de San Pedro que se volve a celebrar dende hai uns
anos. A festa de San Pedro é o 29 de Xuño, celébrase cunha misa
solemne no barrio de San Pedro, logo os veciños van comer á carballeira
do mesmo nome e pola noite hai unha gran festa.
Outra
das festas celebradas é a de San Xoán, patrón de Cerdedo.
Celébrase cunha sardiñada e unha churrascada patrocinada polo concello
para tódolos veciños, e ás doce da noite préndese a tradicional
fogueira para espanta-las meigas.
Nembargantes, a festa máis importante da parroquia é o Ecce
Homo. Celébrase dúas veces no ano, en inverno o domingo anterior
ó entroido, con novena durante toda a semana e o sábado e domingo
con misas solemnes. No verán celébrase de igual xeito, pero con
verbenas pola noite os últimos venres, sábado e domingo do mes de
xullo. A celebración do verán é moi importante pola súa procesión
coas imaxes do divino Ecce-Homo, da Virxe das Dores e da Cruz do
Desencravo, asistindo os devotos vestidos cun hábito de Nazareno.
Ten moita devoción e asistencia.
Como
fillos ilustres de Cerdedo temos o Pai Martín Sarmiento
que viviu no pazo de Raposeiras en Meilide, o párroco Fernando García
Leiro que fundou a rectoral e intentou facer un asilo e Pedro de
Arén, mestre arquitecto das torres da catedral de Ourense.
Esta
parroquia é moi rica dende o punto de vista arqueolóxico:
achádegos do neolítico, numerosos dólmenes, petroglifos nas ladeiras
do Lérez, castros e restos de calzadas románicas. Parte destes restos
foron estudiados por Bouza Brey e por Álvarez Limeres.
|
|