Imagenes de cerdedo
Parroquia de Castro Concello de Cerdedo 986753006
O Concello Benvida Como chegar Mapa e rueiro Cerdedo Parroquias  O tempo Administracion Descarga de Modelos e tramites Bandos, ordenanzas e regulamentos Obras e Investimento Punto limpo - Informacion Oferta turistica Onde dormir - Onde comer Festas e Actividades Parapente Sendeirismo Imagenes Lugares de interese Viviendas a venda   A parroquia de Santa Baia de Castro está formada polos lugares de Bugarín, Docabo, Domedio e Filgueira. Situada ó noroeste da capital do concello, o seu mome procede directamente da verba latina "Castrum", xa que o seu pricipal accidente xeográfico é o coto de Castrodiz (681 m).

Neste coto hai restos dun pequeño forte medieval, así como indicios de asentamentos castrexos , que ben merecerían un profundo estudio arqueolóxico. Entroutras curiosidades podemos mencionar a "Eira dos Mouros", que é como unha meseta no cumio do pico, rodeada por un lado de grandes pedras e polo outro lado cun camiño profundo duns tres metros  de fondo excavado na roca.

A Igrexa Parroquial atópase no lugar de Domedio. No 1809 foi queimada xunto con tódalas súas pertenzas polos soldados de Napoleón, según refire o párroco Ignacio de Silva, quen conta tamén como os franceses deron morte a anciáns e enfermos que non foron quen de fuxir.

Entre os fillos ilustres desta parroquia figuran o arquitecto do século XVIII Pedro Monteagudo, o coengo  José María Sieiro e  o científico e poeta José Rogelio Otero Espasandín.

Nos lugares de Domedio e Docabo pódese disfrutar dunha fermosa vista de todo o val, e cara a parte de abaixo das aldeas, as casas parecen precipitarse sobre o val, mantendo a estructura laberíntica típica do concello.

Xa no lugar de Filgueira, son dignas de ver as mostras de arquitectura popular que podemos atopar en tódalas casas e no seu fermoso eirado composto dun conxunto de 12 canastros que está xunto á capela da Virxen dos Remedios, dende onde hai unha gran vista panorámica da parroquia de Quireza e montes do arredor. Filgueira é terra de moitos ferreiros e fiadeiros e sobre todo destacan  famosos canteiros, como Domingo Matías e Tomás Penelas.

Outra das aldeas da parroquia é Bugarin, situada nun lugar de especial beleza. Alí podemos admira-la serenidade e equilibrio da capela da Virxe da Saleta.

Copyright © 2002-2006, Concello de Cerdedo. Reservados todos os dereitos.
Praza do Concello, 1
36130 Cerdedo - Pontevedra
Tel: 986 753 006 Fax: 986 753 201
http://www.cerdedo.org