|
Cerdedo é
un concello situado na zona centro de Galicia e perfectamente
comunicado coas Rías Baixas (28 km) , con Santiago de
Compostela( 45 km) e Ourense (50 km). Cunha extensión duns
80 quilómetros cadrados e unha poboación de 4000 habitantes
é un refuxio ideal para os amantes da natureza, os
deportes
ó aire libre
e a boa mesa. Limita ó norte cos concellos da Estrada e Forcarei,
ó sur con Cotobade e Forcarei, ó este con Forcarei, e ó oeste
con Campo Lameiro e Cotobade.

Cerdedo está atravesado pola estrada N-541 (Ourense – Pontevedra),
que forma o seu eixo principal de comunicación. Xeograficamente,
o Término Municipal de Cerdedo localízase na porción meridional
da dorsal galega, na súa vertente occidental, de tal xeito
que o conxunto montañoso disponse en anfiteatro. As súas maiores
elevacións atopámolas no Outeiro do Couto do Monte do Seixo
(1024 m) e no Outeiro de Couso.
O
río Lérez constitúe o principal cauce fluvial, atravesando
o término municipal en dirección este - oeste. A existencia
dunha numerosa, aínda que de pequena escala, rede de afluentes
do Lérez fai que as terras sexan productivas e axeitadas
para a agricultura e a gandeiría.
As
condicións climáticas de Cerdedo están condicionadas
pola súa situación nas serras prelitorais, e a súa orografía
montañosa actúa como pantalla pluviométrica, polo que as súas
precipitacións son elevadas.
En canto ás temperaturas, o máis destacable son os seus baixos
valores sobre todo os invernais, sendo xaneiro o mes máis
frío.
Os núcleos de poboación máis importantes son Cerdedo(capital)
, Pedre, Figueroa, Fondós,Covas, Tomonde e Os Castros
O
nome de Cerdedo procede según Millán González Pardo
de "Ceratesum", que significa "lugar de cereixas",
o que fai supoñer que foi un lugar de producción abundante
desta froita.
Toda a comarca de Terra de Montes é de indudable atractivo
histórico-artístico. En Cerdedo predominan os cruceiros,
igrexas de gran valor arquitectónico, pontes de diversos estilos
e calzadas romanas. Pódense ver tamén importantes mostras
de arte prehistórica e restos arqueolóxicos. Non podemos esquecer
tampouco os eirados de Pedre, Filgueira e Cerdedo, conxuntos
de canastros en bo estado de conservación que constitúen conxuntos
arquitectónicos casi únicos en Galicia e de especial
beleza.
|