|
Benvidos
ó espacio virtual Web do Concello de Cerdedo.
Espero que as nosas páxinas
poidan servirvos de axuda na vosa navegación a través
da Rede ademáis de servir para que o Concello de CERDEDO
se dea a coñecer ó mundo enteiro poñendo á
disposición de tódolos visitantes aqueles aspectos
que nos parecen máis interesantes como poden ser a historia,
as tradicións, o patrimonio cultural e sobre todo a tranquilidade
e a natureza.
Se desexas coñecer esta Web invítote a navegar por
ela, achégate e poderás coñecer este municipio
moi próximo ás Rias Baixas pero ó mesmo tempo
pegado ás montañas do interior e relaxarte coa paz
e a beleza que ofrecen uns entornos naturais privilexiados: as súas
paisaxes, os seus rios de finas e deliciosas troitas, carballeiras,
fragas e miradores. Poderás admirar o enorme atractivo histórico
das calzadas e pontes romanas, as igrexas e os cruceiros. Sorprenderate
a afabilidade das súas xentes e o colorido das festas tradicionais
que constitúen un aliciente especial na época estival.
O noso propósito e que esta sexa unha páxina con vida
e por eso podedes, se así o desexades, expresar o voso parecer
ou solicitar máis información. Se a visitades con
frecuencia comprobaredes que periodicamente será actualizada
para que poidades obter información sobre as actividades
culturais programadas, a escola de Parapente e os establecementos
de turismo rural. E, se por estas ou outras razóns nos vemos
honrados coa vosa visita, sabede que seredes sempre benvidos. Aquí
vos esperamos.
D. Silvestre José Balseiros
Guinarte
Excmo. Alcalde-Presidente do Concello de Cerdedo

|